Novas obras de acondicionamento no Muíño do Toleiro

SarriaXa
Novas obras de acondicionamento no Muíño do Toleiro que durarán dúas semanas, no Paseo do Malecón, en Sarria
sarria muíño toleiro
6 Sep 2022

Comezan as obras de reparación da presa do Muíño do Toleiro, no Paseo do Malecón de Sarria, que se prolongarán durante un prazo de dúas semanas.

De forma manual e sen utilizar ningún tipo de maquinaria, o obxectivo principal destas obras é o de mellorar a estrutura e as instalacións do muíño preservando ao máximo o entorno.

Os traballos, que foron contratados e financiados polo veciño Pablo López (titular da concesión da auga e exconcelleiro), quen meses atrás asumiu a limpeza da canle, contan cos pertinentes permisos concedidos por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

Considerouse esta como a mellor etapa para realizar as obras xa que é cando o río Sarria atópase no seu caudal máis baixo.

López Barrera vendeu o Muíño do Toleiro á Xunta de Galicia no ano 2007 pero a titularidade da concesión da auga nunca foi cambiada. Ata o de agora foi el mesmo o encargado de contratar tanto as obras para a limpeza da canle do muíño que tiveron lugar o pasado mes de xaneiro e na actualidade, coma estas nas que se procederá á reparación da presa.

Dende o concello de Sarria agradeceron á familia López Barrera os labores de conservación deste entorno, no centro da vila.

QUEIXAS VECIÑAIS

Antes de tomarse estas medidas para o acondicionamento do Muíño do Toleiro, moita foi a polémica que espertou o estado das súas instalacións.

O deterioro avanzaba a pasos axigantados e levaba ao derrubamento dunha parte da cuberta. A construción atopábase abandonada dende hai varios anos e en mal estado, unha situación que se viu agravada coa caída de parte do tellado en dous puntos do inmoble e cos defectos que isto implicaría na maquinaria do muíño. Algo que non facía máis ca empeorar cos temporais de inverno e ca falla de mantemento.

Motivo que suscitou numerosas queixas por parte dos veciños e unha resposta por parte do concello, que tiña pensado solicitar de novo ao Xacobeo a anulación dun convenio firmado no ano 2015 para que lle fora devolta a cesión do uso deste inmoble.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.11802983283997