Novas xornadas micolóxicas no Concello de Sarria
SarriaXa
Os días 13 e 14 de novembro levaranse a cabo as xornadas micolóxicas. A saída ao campo con expertos proporcionará coñecementos aos asistentes.
7 Nov 2021
A asociación micolóxiga A Muiñeira de Sarria xa ten data para levar a cabo as xornadas micolóxicas. As saídas ao campo con expertos en cogomelos serán os días 13 e 14 deste mes.
A primeira ruta realizarase en Láncara e conta coa colaboración da asociación Val de Láncara. A segunda ruta, se as condicións meteorolóxicas o permiten, será no concello de O Courel.
O punto de saída será o Bar Tino de As Insuas ás 9.30 horas o día 13 e ás 9.00 horas o día 14.
Cada participante deberá levar a súa propia comida e transporte.