Novembro énchese de música en Sarria grazas á asociación Buril
Esta asociación cultural, deportiva e ecolóxica do concello de Sarria, ten previstos varios eventos para o mes de novembro como a actuación do grupo Red Mess, dos franceses Damantra ou de Desequilibrio Mental.
Buril será a asociación encargada de organizar estes concertos nos que se darán cita unha morea de bandas que proveñen de Chantada, as Terras de Lemos, Francia ou Casalonga entre outros lugares.
O xoves 3 será a quenda de Red Mess, un grupo de stoner metal chegados dende o Brazil. O sábado 12, os músicos de San Martiño Caníbal en Louseiro farán as delicias de tódolos asistentes.
O sábado 19 de novembro tocarán Os Rastreros, un grupo de rock de Chantada, en compañía de Cero2Cero, con ritmos de funk-rock proveñen das terras de Lemos.
O venres 25 será a quenda de Damantra e o seu rock and roll chegado dende Francia e o sábado 26, como colofón, actuará Desequilibrio Mental, con sons propiamente do Metal Rural e chegados dende a Casalonga.
O grupo Red Mess
Red Mess é un trío xove de Londrina (municipio brasileiro) que combina o rock dos anos setenta de matices progresivos co el son doutros grupos coma os Kuyss ou os Melvins, soando de forma orixinal nun estilo musical como é o stoner rock.
O seu proxecto comezou baixo o nome de Sküllage Coopers en 2012 con Douglas e Thiago con outro baixista e un segundo guitarrista. Foi en 2013 cando Klepa fíxose cargo do baixo o outro guitarrista foise e pasaron a converterse nun trío baixo o nome de Red Mess que adoptaron en 2014 cando lanzaron Crimson, o seu primeiro disco.