Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid volve sumar positivos e casos activos mentres a hospitalización segue controlada.
Este domingo hai contabilizados 240 casos activos (10 máis que onte) cando a xornada anterior o aumento foi de 6. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 14 casos novos (onte foron 15 e o día anterior 28), e as altas chegaron ás 12.861 (6 nun día), o día anterior foron 7.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.323 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.
A presión hospitalaria queda en 3 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 1 en planta, e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.
O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.
POR COMARCAS
Fin de semana sen apenas cambios agás o continuo aumento de casos nos gromos de Lugo e Sarria. En situación de alerta seguen Triascastela, Láncara, Taboada e Sober.
A Mariña
- Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, O Vicedo e A Pontenova.
- Cervo e Burela fai unha semana que non ten contaxios novos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz, Xove e Trabada.
Terra Chá
- Cospeito, A Pastoriza, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia.
- Pol e Friol levan unha semana sen casos novos.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín e Begonte e Guitiriz.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo soben a 80 (3 máis).
- Castroverde, Portomarín, Guntín e O Corgo teñen positivos pero con baixa incidencia.
- Palas leva unha semana sen casos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna. Únese Monterroso.
Comarca de Sarria
- O gromo en Sarria segue crecendo. Xa son 55 positivos (4 máis), co concello en alerta alta e aínda en crecemento.
- Láncara e Triacastela teñen moi alta a incidencia.
- Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.
Ribeira Sacra
- Taboada e Sober teñen moi elevada a incidencia pero no chegan a 10 casos.
- Monforte, Carballedo e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
- Chantada mantén os 13 contaxios pero segue coa incidencia baixa.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.