Novo curso de formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes no Páramo
O Concello de Páramo pon a disposición dos seus veciños unha formación de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
A este curso poderán acceder un total de 6 persoas en desemprego que estean inscritas no Servizo Público de Emprego. No seu defecto, poderán participar persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do número de prazas ofertadas.
As persoas solicitantes deberán ter a ESO, proba de acceso a ciclo formativo de grao medio, certificado de profesionalidade do mesmo nivel, certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional ou no seu defecto, ter aprobado as competencias clave de nivel 2 nas áreas de matemáticas, castelán e galego.
A data do exame será o 2 de febreiro ás 9.30 horas no Concello do Páramo.
Este curso ten como obxectivo atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolve a actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relación coa contorna.
Esta formación capacitará as persoas a traballar tanto no ámbito público como no privado, en centros ou equipamentos que presten servizos de atención sociosanitaria, centros residenciais ou centros de día como coidador de minusválidos físicos, psíquicos e sensorias, coidador de persoas dependentes en institucións ou xerocultor.