Novo obradoiro no Garaxe de Sarria
O Garaxe de Sarria acolle o vindeiro sábado 29 de maio de 11:00 a 13:00 horas un taller de conciencia corporal basado en técnicas de ioga, expresión corporal e danza. O obxectivo do obradoiro é conectar co teu corpo para chegar a un maior rango de mobilidade e de benestar físico e mental.
Así pois, aprenderanse diferentes técnicas de respiración para activar e equilibrar o teu corpo e o teu sistema nervioso. Tamén se dedicaran uns minutos á relaxación e meditación. O obradoiro vai ser impartido por Rosa Acuña e é apto para todos os niveis.
O material necesario para a súa realización é unha esterilla e roupa cómoda para a práctica.
As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. A inscrición ten un prezo de 15€ e pódese reservar escribindo ao correo ogaraxesarria@gmail.com ou chamando a 982 53 00 86.