Novos cursos na piscina climatizada de Sarria
O Concello de Sarria abriu o prazo de preinscrición para os novos cursos na piscina climatizada. Entre as actividades atópanse o curso de iniciación para adultos, curso de aquagym, curso de bebés e curso de nenos.
A preinscrición deberá realizarse na OMIX do Concello chamando ao teléfono 982 535 000 entre os días 3 e 10 de marzo.
A duración destes cursos será de tres meses dando comezo na semana do 14 de marzo e rematando na semana do 13 de xuño de 2022.
O curso de iniciación para adultos ofrece catro datas. A primeira sería os martes e xoves de 10.00 horas a 10.30 horas, a segunda os martes e xoves de 10.30 a 11.00 horas, a terceira os sábados e domingos de 11.00 a 11.30 horas e, a última os mércores e venres de 20.00 a 20.30 horas.
O curso de aquagym será os martes e xoves de 20.00 a 20.30 horas. Mentres que o curso para bebés será os sábados e os domingos de 11.00 a 11.30 horas. O curso para os nenos será os sábados e domingos de 10.00 a 10.30 horas.