Varias plataformas propoñen novos requisitos para acadar a compostelá

SarriaXa
Varias asociacións propoñen novos requisitos para lograr a compostelá, que se amplíen ata 300 os kms necesarios ou ben que se eliminen
credencial peregrino
1 Aug 2022

No acto que tivo lugar no concello de Paradela, varias plataformas coma Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago de Compostela (FICS) e Camiño Francés Federación (CFF), propoñen que se amplíen ata 300 os quilómetros necesarios para obter a compostelá ou ben que se eliminen directamente.

Estas plataformas reivindican que se eliminen os 100 quilómetros mínimos que precisan os peregrinos para acadar a compostelá xa que segundo indican, o sistema actual provoca a perda de identidade do Camiño. Debería ser unha experiencia que leve intrínsecos os valores da aventura, a hospitalidade e o distanciamento, pero cos requisitos actuais isto vese reducido a un trote de cinco días.

Os cen quilómetros mínimos que agora son necesarios para lograr a compostelá, son algo relativamente recente que deixa fora a concellos como Triacastela, Samos ou Pedrafita. As estatísticas indican que se está a reducir o número de peregrinos.

Os integrantes destas plataformas, poñen de manifesto que é compromiso de todos coidar a ruta xacobea, pero sobre todo, das administracións públicas.

O erro de base, apoiado polo goberno autonómico, é da catedral de Santiago, á que se leva advertindo durante moito tempo de que o que está a facer non responde á historia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15625905990601