Nuria Armesto recibiu un lote de produtos por ser a nai da segunda nena nada en Paradela en 2024

SarriaXa
O Concello de Paradela fixo entrega dun lote de produtos de primeira necesidade á segunda nena nacida no municipio neste ano 2024 a través de Nuria Armesto López, a súa nai.
natalidade Paradela
11 Abr 2024

O Concello de Paradela fixo entrega dun lote de produtos de primeira necesidade á segunda nena nacida no municipio neste ano 2024 a través de Nuria Armesto López, a súa nai.

Así, entregóuselle un lote de produtos valorado en 200 euros e unha axuda económica directa de 1.000 euros, que se abona en dous prazos: o 75 % cando se solicita e o outro 25 % cando se acredite residencia efectiva dun ano dende o nacemento de Carlota.

A alcaldesa do Concello, Montserrat Mulet, fixo entrega deste lote de produtos a Nuria, veciña de Castro de Rei (Bacorelle), orgullosa nai de Carlota.

0.10606598854065