O 11 de agosto terá lugar a XXIV Feira de Produtos Artesanais de Samos

SarriaXa
Como antesala, o 10 de agosto celebrarase a primeira festa das sopas de burro canso
Feira-Artesanía-Samos
9 Xul 2024

A Asociación de Comerciantes e Artesáns do Concello de Samos organiza este ano unha nova edición da Feira de Produtos Artesanais, concretamente a XXIV, o vindeiro 11 de agosto.

Nesta ocasión, como o ano pasado, haberá demostración de obradoiros, actuacións de grupos de música tradicional e tamén actuación de grupos folkloricos.

Todas estas actividades e outras que irán sendo desveladas, contan coa colaboración do Concello de Samos e da Deputación de Lugo.

Ademais, como antesala deste evento, este ano súmase unha actividade que será a antesala desta celebración, e é a primeira festa das sopas de burro canso, que terá lugar o 10 de agosto.

As sopas de burro canso son unha receita tradicional composta por viño, pan e azucre que se lle ofrecerá de forma especial a todos os peregrinos que pasan por Samos no seu percorrido polo Camiño Francés, aínda que tamén poderán desfrutar deste prato aquelas persoas que se acheguen ao municipio.

Así, coa intención de honrar este preparado co que se curaban as maniotas despois de duros traballos no campo, as sopas de burro mostrarán aos peregrinos os produtos típicos que había nas casas galegas, o pan e o viño.

0.18069005012512