O 23 de abril terá lugar un paseo guiado polo Camiño Real de Láncara
SarriaXa
O Concello de Láncara organiza unha nova actividade para o vindeiro 23 de abril da man do guía turístico lugués Guido Álvarez, baixo o seu proxecto 'Guido Guía'.
13 Mar 2024
O Concello de Láncara organiza unha nova actividade para o vindeiro 23 de abril da man do guía turístico lugués Guido Álvarez, baixo o seu proxecto 'Guido Guía'.
Asi, o percorrido terá lugar polo Camiño Real de Láncara, aínda que o punto de quedada para desfrutar desta actividade gratuíta é a Ponte Carracedo ás 17.00 horas.
Todas as persoas interesadas en participar desta experiencia que Guido define como "percorrer a historia e beleza do Camiño Real", poderán apuntarse chamanddo ao 982 543 077 ou mandando un correo a concello.lancara@eidolocal.es.