O 23 de setembro Sarria acollerá unha nova edición do Festival Garitosis
SarriaXa
O festival Garitosis volve este ano coa súa XI edición, que se celebrará o 23 de setembro da man da Asociación Rúa da Música e en dúas sesións.
11 sep 2023
O festival Garitosis volve este ano coa súa XI edición, que se celebrará o 23 de setembro da man da Asociación Rúa da Música e en dúas sesións.
A primeira delas será unha sesión vermú que terá lugar a partir das 13.00 horas e que contará coa música de dous grupos musicais, "Proyecto Valley" e "Dous Bos". Ademais, haberá unha barra de atención ao público, onde se invitará a churrasco aos asistentes.
Pola tarde, terá lugar a segunda sesión, que se iniciará ás 20.00 horas coa actuación de catro grupos, tres deles locais, que son "Flying Boogaloos", "Sound Sisters" e "Javi Metals".