O 30 aniversario do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade conmemorarase en Sarria
SarriaXa
Sarria súmase aos actos de conmemoración do 30 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade este domingo, 10 de decembro.
9 Dec 2023
Sarria súmase aos actos de conmemoración do 30 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade este domingo, 10 de decembro.
Así, durante este día terán lugar actos conmemorativos, como a colocación dunha placa no Campo da Feira para lembrar esta efeméride, co obxectivo de facer partícipes a todos os veciños dunha data sinalada coma esta.
Por outra parte, proxectarase o documental 'Camiño Francés: Só camiña', ás 20.00 horas, na Casa da Cultura, un acto aberto a todas as persoas interesadas en participar, que rematará coa charla sobre o Camiño Francés a cargo de Xaime Félix López Arias, máis coñecido como Arlindo.