O 30 de xuño desenvolverase a IV edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria

SarriaXa
As persoas interesadas en participar desta iniciativa, ao igual que na edición pasada, poderán desfrutar de diversos coches clásicos
concentración-clásicos-Sarria-cartel
6 Xuño 2024

O Club Clásicos, que celebrou o seu II Rally Regularidad Vila de Sarria o 4 de maio, xa se prepara para a IV edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xuño.

O ano pasado concentráronse na vila de Sarria arredor de cen vehículos, que estiveron expostos no Chanto desde as 09.00 horas e que despois saíron a percorrer distintas localidades de Sarria.

As persoas interesadas en participar desta iniciativa, ao igual que na edición pasada, poderán desfrutar de diversos coches clásicos e tamén actividades sociais e culturais durante a xornada.

0.071242094039917