O acceso ao núcleo Vilar da Vara no Incio estará cortado en dous puntos durante tres meses

SarriaXa
El acceso a Vilar da Vara en O Incio estará cortado en dos puntos debido a las obras que se están realizando en las vías del tren.
vilar vara
28 Xan 2022

O acceso ao núcleo de Vilar da Vara estará cortado en dous puntos durante tres meses polas obras no tramo ferroviario que supón a demolición do paso inferior da Penela.

O acceso dende o Gruñedo e dende a estrada de Nadela a Monforte de Lemos (LU-546), en Noceda permanecerán cortadas ata o 24 de abril. Os vehículos serán desviados pola vía que une Pacio do Río en dirección Eimer e Vilar da Vara.

Os traballos a executar nas vías do tren suporán a demolición do paso inferior da Penela. Esta obra enmárcase no proxecto de tratamento de elementos das infraestruturas coma pontes, túneis e explanacións que se están a levar a cabo no corredor ferroviario de Monforte de Lemos-Lugo nos puntos quilométricos 379,750 e 386, 474.

Aquelas persoas que queiran acceder as fincas lindeiras con animais ou maquinaria poderán facelo tras chegar a un acordo cos encargados das obras.

0.085331916809082