O acondicionamento dos terreos cedidos por ADIF ao Concello de Láncara é un punto clave para Olga Capón

SarriaXa
O acondicionamento dos terreos cedidos por ADIF ao Concello de Láncara é un punto clave para Olga Capón, candidata popular
PP Lancara Ethel Vazquez
25 Maio 2023

Olga Capón, alcaldable popular no Concello de Láncara, acolleu a visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que compartiu café e paseo cos compañeiros do Partido Popular do municipio lancarés.

Os membros do equipo trasladaron as principais necesidades do municipio en materia de estradas e comentoulle que o acondicionamento dos terreos cedidos por ADIF ao Concello na antiga estación ferroviaria tamén é un dos puntos claves do seu programa.

Así, Vázquez e Capón analizaron distintas posibilidades e a conselleira trasladoulle a intención da Xunta de Galicia de apoiar en todo o que poida se gañan as eleccións do vindeiro 28 de maio.

0.12858390808105