O adestrador do primeiro equipo da SD Sarriana, Jaime Paz, despedirase do club este domingo
SarriaXa
Marcha para acompañar como técnico axudante a Quique Setién, que vén de fichar polo Beijing Guoan FC da Superliga china
14 Dec 2024
O adestrador do primeiro equipo da SD Sarriana, Jaime Paz, deixará o Club para acompañar como técnico axudante a Quique Setién, que vén de fichar polo Beijing Guoan FC da Superliga china.
Así, o adestrador coruñés, que fichou en xuño para a tempada 24/25 coa Sarriana e substituíu a Jorge Cuesta, deixará o equipo nunha despedida que terá lugar durante o encontro deste domingo, contra o Betanzos, no campo da Ribela.
Con todo, desde a SD Sarriana xa buscan novo adestrador que poida darlle continuidade ao traballo de Paz o antes posible.