O adestrador Roberto Díaz "Ruboi" deixa O Incio CF

O Incio C.F. anunciou a saída do seu adestrador, Roberto Díaz Mourelo, coñecido como “Ruboi”, quen non continuará á fronte do equipo a próxima tempada.
A decisión pon fin a unha etapa de case dúas campañas nas que o técnico liderou o vestiario con profesionalidade e entrega.
Desde o club quixeron agradecerlle públicamente o seu compromiso e dedicación ao longo deste tempo, destacando que “esta sempre será a túa casa, Ruboi”.
A entidade tamén lle desexou os maiores éxitos no seu futuro profesional, nun comunicado cheo de respecto e afecto cara á figura do xa exadestrador.
A dirección deportiva traballa agora na planificación da nova tempada, na que se abrirá unha nova etapa para o conxunto do Incio.