O alcaldable popular de Samos, Miguel Gallego, di apostar polo impulso do medio rural

SarriaXa
O alcaldable popular de Samos, Miguel Gallego, aposta polo impulso do medio rural nun acto organizado polos populares
PP Samos
23 Maio 2023

O Restaurante A Veiga acolleu un acto no que o conselleiro do Medio Rural e o secretario xeral dos populares lucense, Javier Vázquez Nodal, respaldaron ao candidato á alcaldía de Samos, Miguel Gallego.

Na súa intervención, o aspirante popular á alcaldía de Samos, Miguel Gallego, deu a coñecer distintos aspectos do programa co que concorre as eleccións locais do próximo día 28.

Abordou cuestións relacionados co impulso do medio rural, entre as que citou a mellora das pistas xa existentes, apertura de novas vías, así como a posta en servizo da brigada contra incendios.

Gallego indicou que na súa folla de ruta está a creación dunha nova residencia da terceira idade e criticou a “campaña rastreira” que están a facer algúns partidos, que non dubidan en xerar bulos a través das redes sociais.

Polo seu lado, o conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que a Xunta e o sector agrario veñen de demandar por carta unha reunión urxente ao Ministerio de Agricultura para que rectifique as axudas directas que prexudican os gandeiros galegos.

O secretario xeral do PP da provincia de Lugo, Javier Vázquez Nodal, destacou que “o PP aposta polo talento novo” e indicou que “no PP, hai mozos e mozas de gran valía profesional e académica”. Con respecto ao candidato, Miguel Gallego, destacou que é unha persoa con preparación e que está á fronte dunha explotación agrogandeira.

0.17923903465271