O alcalde de Láncara inicia un proceso de recollida de firmas para conseguir que se cubran as prazas no centro de saúde
SarriaXa
Desde o Goberno municipal de Láncara piden que se cubra a praza que deixou o médico Enrique Cajiao que se retirou o ano pasado do centro de saúde e cuxa praza aínda segue sen ser ocupada.
10 Mar 2024
Desde o Goberno municipal de Láncara piden que se cubra a praza que deixou o médico Enrique Cajiao que se retirou o ano pasado do centro de saúde e cuxa praza aínda segue sen ser ocupada.
Por isto, o alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, vén de comezar a recoller firmas dos veciños e veciñas co obxectivo de que se cubran as vacantes no menor tempo posible, porque senón, o centro da Pobra de San Xiao tería que pechar as portas.
O rexedor lancarés, que xa presentou un escrito á Consellería de Sanidade da Xunta para pedir que se cubriran as prazas baleiras de médicos no municipio, di que a falta de médicos en atención primaria provoca que a carga asistencial sexa “inasumible”.