O alcalde de Láncara insta á Xunta a retomar os traballos na ponte de Valdriz

SarriaXa
Darío Piñeiro vén de solicitar unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e, de non producirse, convocará un pleno extraordinario
ponte valdriz pobra san xiao láncara
24 Feb 2021

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, vén de solicitar unha reunión urxente coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para pedir que a Xunta retome "de xeito inmediato" as obras da ponte de Valdriz, na Pobra de San Xiao.

O rexedor asegura que se dita reunión "non se produce nun curto espazo de tempo ou non se retoman as obras" convocará un pleno extraordinario para pedir aos grupos da corporación que "se sumen á demanda" de cara a instar ao Goberno autonómico a retomar os traballos nesa infraestrutura.

O proxecto para a creación dun sendeiro peonil e ciclista, que unirá A Pobra de San Xiao e maila urbanización de Valdriz, leva incluída tamén ampliación da ponte e a construcción dunha glorieta.

A previsión inicial era que estas obras na conflictiva infraestrutura da Pobra de San Xiao estivesen rematadas a vindeira primavera.

LU-621

Darío Piñeiro confirmou tamén que nos vindeiros días sairán a licitación as obras para humanizar a estrada LU-621 ao seu paso por Láncara.

0.17679500579834