O alcalde de Paradela estima en máis de 500.000 euros os danos no municipio polas chuvias
O alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, estimou a inversión para arranxar os danos ocasionados polas chuvias e o temporal que tiveron lugar a pasada semana en arredor de 500.000 euros e anunciou que a semana que vén levaranse a cabo as labores de calificación de danos en Paradela.
Con motivo da ponte de Reis, os enxeñeiros non poderán empezar a análise de danos ata o luns máis o alcalde cre que son importantes e a cuantía do seu amaño superará os 500.000 euros, xa que explica que a reconstrución de pontes ascenderá aos 160.000 euros, máis os danos en camiños e na Ruta do Loio.
A Ruta do Loio tivo que ser pechada aos viandantes debido ao volume das precipitacións supuxeron que algúns puntos da ruta chegasen a estar intransitables.
Os grandes danos que sufriu supuxeron a caída de tres pontes, que tiñan, como defende o rexedor, "anos de antigüidade"; e tamén a rotura de madeira moderna que fora instalada para mellorar as condicións dunha ruta que é un atractivo vital para o turismo de Paradela.
Tamén foi danado Camiño de Santiago á súa pasada por Paradela, así como as estradas lindeiras e as portas laterais do Muíño Riotorto.
Crecidas dos leitos dos ríos
Outra das consecuencias que trouxeron as chuvias foron as crecidas dos leitos dos ríos, que poderían terse evitado, como di o rexedor, se os ríos estiveran limpios, e aproveita a ocasión para pedir que "este pode ser un motivo para limpalos"
"Hai un déficir de pesca debido a que os ríos non están limpos e perdemos a oportunidade de desfrutar da pesca da troita, tan típica de Paradela", explica o alcalde, quen responsabilidade desta circunstancia á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que "debería ofrecer recursos para coidar o patrimonio dos municipios".