O alcalde de Paradela recomenda aos veciños levar a cabo medidas de aforro de auga
O goberno local de Paradela vén de informar aos veciños e veciñas do municipio de que o uso da auga deberá ser doméstico despois de recibir o comunicado da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que fala sobre a concienciación e aforro da auga.
Así, o alcalde de Paradela, José Mato, recomenda levar a cabo medidas de contención e aforro efectivas por parte da cidadanía paradelense como restrinxir o uso e destino da auga non prioritario, reducir a presión nocturna en redes urbanas, a necesidade de avisar ao Concello de calquera fuga na rede de abastecemento e evitar consumos excesivos.
Así, grazas a esta cconcienciación social do bo uso da auga e adoptando medidas de aforro individual e colectivo, previranse os efectos negativos da seca a medio prazo no municipio.