O alcalde de Samos, Julio Gallego, deixa a política e o seu fillo será o candidato do PP á Alcaldía

SarriaXa
O alcalde de Samos, Julio Gallego, deixa a política e o seu fillo será o candidato do PP á Alcaldía do municipio
Julio Gallego
23 Feb 2023

Julio Gallego, alcalde de Samos, deuse de baixa do Partido Socialista, co que gobernaba no municipio e non concorrerá ás próximas eleccións, pechando así a súa etapa longa na Alcaldía desde 2007.

Da mesma maneira, a súa muller, que era secretaria do PSOE, deuse de baixa como militante. Mentres, o fillo de ambos, Miguel Gallego, de 25 anos, será o candidato do PP á Alcaldía de Samos.

Os populares xa amosaran a súa intención de captar ao alcalde como candidato ás eleccións, pero el decidiu apartarse e deixarlle camiño ao seu fillo dentro do Partido Popular.

O mozo, que estudou Administración e Dirección de Empresas e que leva a explotación gandeira familiar, substitúe como candidato do PP a José Fernández, quen é tamén deputado provincial.

0.17979788780212