O alcalde visita a AC Taekwondo Sarria e destaca o seu apoio á II edición do Open do Camiño

SarriaXa
Durante a visita, os representantes municipais tiveron ocasión de presenciar parte dos adestramentos e conversar con algúns dos deportistas que integran o club, entre eles Mateo Fernández
Visita-Concello-de-Sarria-a-AC-Taekwondo-Sarria
13 Jun 2025

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, achegáronse ás instalacións do club AC Taekwondo Sarria para coñecer de preto o traballo que se desenvolve na entidade deportiva.

Durante a visita, os representantes municipais tiveron ocasión de presenciar parte dos adestramentos e conversar con algúns dos deportistas que integran o club, entre eles Mateo Fernández, proclamado campión de Europa e de España na categoría de trío júnior.

Ademais, o adestrador e promotor do club, Álex Losada, mantivo un encontro co alcalde no que trataron temas vencellados á planificación de eventos deportivos futuros. Entre eles salientou a II edición do Open do Camiño Vila de Sarria, unha cita que xa na súa primeira convocatoria acadou unha excelente acollida tanto entre os veciños como nas institucións.

Segundo indicou Losada, "temos moitísima sorte porque sempre que propoñemos algo, desde o Concello involúcranse en todos os aspectos para poder levalo a cabo", en referencia ao apoio institucional recibido na organización do torneo.

⚙ Configurar cookies
0.16602396965027