O almorzoworking de Feminino Rural celebrado en Láncara recibe a visita do deputado Pablo Rivera

SarriaXa
O almorzoworking de Feminino Rural celebrado no concello de Láncara recibe a visita do deputado Pablo Rivera
Almorzoworking Lancara
28 Sep 2022

O almorzoworking celebrado no concello de Láncara, que forma parte do programa Feminino Rural, recibiu na maña de hoxe a visita do deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

A Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) xunto coa Deputación, encárganse de impulsar este proxecto no que veñen de participar unha vintena mulleres con iniciativas emprendedoras ou empresariais da comarca da Sarria, xunto co alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e a propia presidenta de AELU, Beatriz Varela.

Rivera Capón salientou que “esta medida forma parte da estratexia da institución para fortalecer o tecido produtivo da provincia, neste caso, os proxectos empresariais e emprendedores liderados por mulleres no rural”. Detallou que “este é un programa no que as participantes reciben formación, acompañamento e asesoramento de maneira gratuíta, tanto para mellorar os negocios que están en marcha, como para favorecer o éxito e viabilidade das iniciativas emprendedoras. A institución provincial inviste 40.000€ neste programa”.

PARTICIPANTES

O deputado subliña que o proxecto está tendo moi boa acollida na provincia, con máis de 100 mulleres involucradas. Afirmando que “as actividades empresariais que queren desenvolver ou xa están desenvolvendo as mulleres participantes na provincia son moi diversas: servizos forestais, turismo rural, comercio, agricultura ecolóxica, organización de eventos, publicidade, gandería, coach, adegas, artesanía, tear, pilates ou traballos feitos á man”.

No caso de Láncara, destaca a alta porcentaxe de empresas e iniciativas dedicadas aos servizos sociais e a atención e ocio a maiores. Tamén á produción gandeira e agrícola, salón de peiteados, servicios forestais ou atención a inmigración e consultaría social.

OUTRAS COMARCAS

Este programa naceu co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e para facilitar a súa participación. “Atendendo precisamente á perspectiva demográfica do noso territorio, todas as accións deste programa fanse de maneira deslocalizada, nas distintas comarcas da provincia: na Mariña, en Lugo, na Ulloa, na Terra Chá, en Sarria, na Montaña e na Ribeira Sacra”, salienta o deputado.

En cada comarca créanse sinerxías entre as mulleres, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias que beneficien aos proxectos individuais de cada unha.

As formacións e asesoramentos están dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados das empresas que teñen en marcha. Pola súa banda, as emprendedoras participantes reciben asesoramento e apoio técnico para constituír e arrancar a súa propia empresa, e para favorecer a súa viabilidade.

O vindeiro almorzoworking será na Fonsagrada e terá lugar na segunda quincena de outubro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17441201210022