O alumnado da Pobra de San Xiao de Láncara protagonizou unha vista ao Muvicla

SarriaXa
O alumnado da Pobra de San Xiao de Láncara protagonizou unha vista ao Muvicla onde os mozos e mozas viron moita maquinaria
CPR Láncara Muvicla
24 May 2023

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) de Láncara acolleu a visita do alumnado da ESO do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, en Láncara, "o que fai aumentar o compromiso coa proximidade e coas persoas do entorno inmediato", sosteñen desde a entidade.

Durante a visita, os mozos e mozas fixeron un percorrido pola historia e a actualidade das máquinas que se usan no campo galego no sector primario. Así, no museo vivo, todas as pezas funcionan e está integrado nunha casa de labranza galega, onde o alumnado puido ver o sistema produtivo.

Así, puideron desfrutar das tres liñas museísticas que ofrece o Muvicla: a historia do tractor, a maquinaria e ferramentas que se utilizan para o tratamento do cereal e unha liña de miniaturas.

Desde a organización do museo agradeceron ao alumnado "a magnífica atención" e aos seus profes Ángeles Lombao (Física e Química) e José Antonio Domínguez (Tecnoloxía) "por acompañar e titorar a visita".

0.14822196960449