O alumnado de 1º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez analizan a sostibilidade de Sarria
O alumnado de 1º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria realizaron coas súas titoras un traballo de investigación dentro dos programas de sostibilidade "EDUsostibilidade" e "Xeración Eco".
Durante dous meses realizaron unha análise da situación da vila de Sarria en canto a aspectos coma limpeza, reciclaxe, mobilidade, iluminación, depuración de augas, ecoloxía,.. realizaron fotografías, debateron e elevaron propostas ao Concello.
Redactaron unha carta na que resumiron as súas conclusións e aportaron ideas para mellorar a vila e facela máis fermosa, limpa e respectuosa co Medio Ambiente.
No día de onte acudiron ao Concello e foron recibidos polo Sr. Alcalde e polos concelleiros de Medio Ambiente e Educación. Leron a carta e ensinaron e comentaron as fotografías realizadas froito do seu traballo de investigación. Os representantes do Concello agradeceron a implicación dos rapaces e expuxeron varios proxectos que están a desenvolverse no eido da reciclaxe, o compost e a iluminación LED.
Esta actividade enmárcase dentro dos obxectivos da Axenda de Desarrollo Sostible 2020-30 na que se recalca a importancia de que a mocidade asuma un papel activo, tanto no ámbito local como a nivel global, á hora de afrontar e resolver os problemas planetarios. Asemade con esta iniciativa quedou de manifesto a sensibilidade dos representantes políticos locais para escoitar e facer súas as inquedanzas da mocidade sarriá.