O alumnado de 4º da ESO do Colexio da Asunción participou nunha curta para promover a reciclaxe
O Colexio da Asunción de Sarria formou parte do filme “As viaxes de plástico” esta curtametraxe forma parte da campaña "Bye, bye plástico" que ten como fin dar visibilidade ao problema medioambiental que supón o consumo excesivo de plásticos e a súa chegada ao mar, así como concienciar á cidadanía co obxectivo de crear unha comunidade activa e implicada na loita contra estes residuos e na defensa dun futuro ambiental sostible.
Esta actividade buscou a participación dos colexios de Galicia na película escolar colaborativa. Cada centro participante elaborou o seu propio anaco de guión e executouno. A participación dos alumnos de 4º da ESO foi a través dun "stop motion" feito con plastilina, animación de botellas e o gnomo devoraplástico.
O stop motion é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento dos obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Nesta sucesión de imaxes cobran protagonismo zonas comúns e turísticas de Sarria.
O alumnado sarriao afirma no filme “temos unha gran diversidade de fauna e flora que non debe ser arruinada polos plásticos que nos mesmos botamos” animando así aos veciños a reciclar e coidar o planeta.