O alumnado de Samos, O Incio e Triacastela compartiu unha xornada lectiva no Ceip Samos

SarriaXa
Durante a xornada, os nenos e nenas realizaron diferentes actividades artísticas
xornada-no-Ceip-Samos
14 Xuño 2024

O Ceip de Samos acolleu unha xornada de convivencia entre o alumnado dos colexios de Samos, O Incio e Triacastela.

Durante a xornada, os nenos e nenas realizaron diferentes actividades artísticas, levando como recordo unha antorcha olímpica, unha pulseira feita nos obradoiros, un abanico para cada neno e nena e un diploma da participación na xornada, obsequios do colexio anfitrión.

Durante a segunda parte da xornada, sucedéronse as Primeiras Miniolimpíadas, xuntando ao alumnado das tres escolas rurais en diferentes equipos. Ao remate, levouse a cabo a entrega de premios, finalizando a xornada cun xantar conxunto.

Desde o colexio de Triacastela dan grazas ao Ceip de Samos "pola organización da xornada e ao Ceip Ricardo Gasset a comunidade educativa de Samos por seguir estreitando e fortalecendo os cada vez máis poderosos vínculos que nos unen".

0.17669486999512