O alumnado de Triacastela fixo unha videochamada cos nenos do Courel

RibeiraSacraXa | SarriaXa
O alumnado de Triacastela fixo unha videochamada cos nenos do Courel na que tamén participaron os do CEIP Samos
Concello Triacastela 2
1 Mar 2023

Os nenos e nenas de primaria do CEIP Eduardo Cela Vila realizaron unha videochamada co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Seoane do Courel xunto cos nenos do CEIP de Samos.

Durante a xuntanza telemática, os compañeiros do Courel leron os resumos realizados sobre a libro 'O Misterio de Portomarín', escrito por Antía Yáñez.

Con esta primeira actividade o CEIP de Triacastela comeza a traballar a obra e establecen vínculos co alumnado doutro dos colexios da montaña.

0.15078711509705