O alumnado de Triacastela levou a cabo unha actividade de xeometría de forma experimental

SarriaXa
O alumnado de Triacastela levou a cabo unha actividade de xeometría de forma experimental e manipulativa no colexio
Xeocontrución Triacastela
7 Xuño 2023

O CEIP de Triacastela desenvolveu a actividade 'Xeoconstrución', na que o alumnado traballou a xeometría de forma experimental e manipulativa e de diferentes formas ao formar tres grupos.

Estes grupos formáronse mesturando as diferentes idades da aula e "comprobando a riqueza que isto supón", sosteñen desde o centro, e despois realizouse unha busca activa de elementos xeométricos por toda a escola.

Así, construiron un reloxo, un campo de fútbol e unha casa con xardín. Na seguinte fase, os grupos traballarán na libreta as figuras xeométricas incluídas na construción para, finalmente, realizar problemas e historias vencelladas ás construcións.

0.18713593482971