O alumnado de Triacastela tivo a oportunidade de coñecer máis sobre a Cova Eirós

SarriaXa
Durante a sesión, descubriron nunha ilustrativa presentación como era a vida dos antepasados que habitaron a Cova
Cova-Eirós-colexio-triacastela
24 Maio 2024

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela desfrutou o pasado luns 13 de maio da visita de Arturo, un dos arqueólogos da Cova Eirós.

Durante a sesión, descubriron nunha ilustrativa presentación como era a vida dos antepasados que habitaron a Cova. Seguidamente, Arturo tallou o que podería ser a punta dunha lanza empregada para a caza de animais. Finalmente, os nenos e nenas realizaron as súas propias pinturas rupestres no mural da prehistoria.

Con esta actividade seguen consolidando as aprendizaxes traballadas ao longo do curso escolar no proxecto de educación patrimonial 'O teu pasado, o meu presente'.

0.17438507080078