O alumnado do CEIP de Triacastela continúa a desenvolver o seu Club de lectura do Oribio

SarriaXa
Durante a sesión do pasado venres, o Club de Lectura do Oribio centrou a súa acción na lectura do libro 'Cocorico'
Club-de-Lectura-do-Oribio
26 Out 2024

O alumnado do CEIP de Triacastela continúa a desenvolver o seu Club de lectura do Oribio, no que comparten historias e traballan na lectura.

Durante a sesión do pasado venres, o Club de Lectura do Oribio centrou a súa acción na lectura do libro 'Cocorico', traballando a importancia da lealdade e a comprensión.

Na segunda parte do Club, indagouse no Día Da Muller Rural, unha data realmente importante e vinculada coa esencia do colexio.

Para o seu traballo, botouse man de novas de xornais e dun pequeno diálogo onde cada neno e nena explicaba porqué a ou as mulleres rurais das súas vidas son tan importantes nas súas vidas.

0.16195797920227