O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela celebrou o Día das Letras Galegas con varias actividades

SarriaXa
O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela celebrou o Día das Letras Galegas con varias actividades
Letras Galegas Triacastela
22 Maio 2023

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela celebrou o día das Letras Galegas na liña na que levan traballando ao longo de todo o curso, fomentando o respecto e o amor cara o galego.

Así, o pasado xoves, 11 de maio, debuxaron a Francisco Fernández del Riego, a celebridade homenaxeada nestas Letras Galegas, en láminas que despois usaron para decorar o primeiro andar da escola. Ademais, decoraron un retrato do propio autor e crearon unha das producións finais: o mural 'Letras galegas con flores', onde a flores primaverais enriquecen aínda máis a nosa lingua.

Paralelamente, o alumnado de Educación Infantil creou a obra 'Pareados dos nenos e nenas galegas' e o de Primaria (ao longo de todo o curso) o 'Dicionario dos nenos e das nenas galegas'. Ambas producións pódense atopar na biblioteca da escola.

0.10632920265198