O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela coñeceu o proceso de elaboración das Galletas Daveiga

SarriaXa
O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela participou dunha actividade no marco do programa ‘Da Escola á Granxa’ da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
triacastela galletas daveiga
1 Dec 2023

O alumnado do Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela participou dunha actividade no marco do programa ‘Da Escola á Granxa’ da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Así, os nenos e nenas puideron coñecer o proceso de elaboración das Galletas Mariñeiras, feitas en Chantada por profesionais artesáns e cociñeiros que fan posible a venda deste produto.

O deputado de Medio Rural, Daniel García, acompañou ao alumnado durante o percorrido no que coñeceron o proceso completo de creación deste “pan sen miga”.

Desenvolvemento da actividade

Comezaron a visita coñecendo a materia prima empregada para a súa preparación, posteriormente visitaron os distintos obradoiros de amasado e cortado, e fixeron unha parada nos fornos antes de deterse, finalmente, no embolsado.

A visita rematou no almacén, onde coñeceron a historia destas galletas e a que deben o seu nome. Ademais, as nenas e nenos recibiron tamén un exemplar do libro 'Os Bolechas. Da Escola á Granxa', que Medio Rural edita con Bolanda para ampliar a difusión do programa e degustaron o produto.

Daniel García destacou que “este programa permite que os máis pequenos, mesmo os que viven no rural, se acheguen ao sector primario desde unha nova perspectiva e coñecendo a importancia que ten na actividade económica, pero tamén na produción de alimentos de calidade e na fixación de poboación”.

0.17352223396301