O alumnado do CEIP Ricardo Gasset recibiu a visita de Carme López

SarriaXa
Carme López visitó al alumnado del CEIP Ricardo Gasset de O Incio para mostrarles la música tradicional gallega.
carme lopez ricardo gasset3
2 Feb 2022

O pasado venres Carme López estivo no colexio Ricardo Gasset do Incio para ensinarlles aos nenos e nenas os instrumentos da música tradicional galega. No patio do colexio soou a gaita, o tamboril, a pandeira, o pandeiro e a pandeireta.

Ademais, a visita tamén serviu para que os nenos puideran aprender e acompañar diferentes cantos de aguinaldos, oficios e aos Manueles e Manuelas con cunchas, culleres, tixolas e incluso rodos con pedras.

Por último, aproveitando o día de sol, aprenderon algúns pasos para bailar a peza Esparaván de Xarín e algún punto de muiñeira que bailaron coa Carballesa do Incio.

A actividade foi subvencionada pola Anpa do centro. Co fin de dar valor a unha parte esencial da cultura, a música tradicional. Esta caracterízase polas súas formas, muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos, coma os seus instrumentos entre os que destacan a gaita galega, pandeireta e as cunchas. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas dás áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.

CARME LÓPEZ
Orixinaria da parroquia de Rubián de Cima. Leva vinculada á música galega dende os oito anos cando comezou a tocar a gaita na Asociación cultural Peleriños, posteriormente realizou os estudos que lle outorgaron a titulación superior neste instrumento.

0.15200304985046