O alumnado do IES Gregorio Fernández tivo unha xornada de convivencia con alumnado francés

SarriaXa
Os rapaces e rapaces procedían do centro College Paul Eluard procedente de Mur de Bretagne de Francia
alumnado-IES-Gregorio-Fernández
16 Out 2024

O alumnado de 3º da ESO do IES Gregorio Fernández tivo unha xornada de convivencia co alumnado do centro College Paul Eluard procedente de Mur de Bretagne de Francia.

Durante a xornada, fixeron un pequeno festival no noso salón de actos, no que o alumnado sarriao cantou e tocou unhas pezas, mentres que eles cantaron dúas cancións máis e leron o capítulo 2 do Principito en castelán.

Ademais, fixeron unha excursión a Pedrafita do Cebreiro, onde percorreron un pequeno anaco do Camiño Francés do Camiño de Santiago.

0.17335319519043