O alumnado do IES Xograr Afonso de Sarria celebrou a II Final do Concurso de oratoria improvisada

SarriaXa
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria celebrou a II Final do Concurso de oratoria Improvisada na que o alumnado amosou as súas competencias para disertar durante un minuto sobre unha palabra descoñecida previamente.
Gañadores Oratoria IES Xograr Sarria
17 Abr 2024

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria celebrou a II Final do Concurso de oratoria Improvisada na que o alumnado amosou as súas competencias para disertar durante un minuto sobre unha palabra descoñecida previamente.

O concurso de Oratoria contou coa presenza da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Dna. Judith Fernández Novoa, coa Xefa Territorial de Educación de Lugo, Sagrario Sánchez Ramil, coa inspectora de Educación Genoveva Ferreiro Pumariño e coa Concelleira de Educación de Sarria Geni Valcarcel López.

Ademais, no mesmo día tivo lugar a xornada de confraternidade entre o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e o IES Río Cabe de Monforte e o IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras, cos que realizaron unha visita guiada por Sarria, un xantar e unha Ruta polas Aceas.

0.062063932418823