O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria participou na campaña #Aquítaménsefala

SarriaXa
O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez participou na campaña #Aquítaménsefala, unha campaña de dinamización da lingua galega promovida polo IES Rafael Dieste  da Coruña, que consistiu en poñer carteis polos distintos establecementos comerciais, oficinas, espazos deportivos.
IES Xograr Aqui tamen se fala galego
9 Abr 2024

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez participou na campaña #Aquítaménsefala, unha campaña de dinamización da lingua galega promovida polo IES Rafael Dieste  da Coruña, que consistiu en poñer carteis polos distintos establecementos comerciais, oficinas, espazos deportivos... de Sarria e facer a foto respectiva co cartaz colocado.

As rapazas e os rapaces estiveron moi motivados, sobre todo os e as de 1º da ESO, que chegaron a colocar preto dun centenar de carteis.

Ademais, o próximo día 16 de abril, entre as 10.30 e as 12.00 horas celébrase no centro o II Concurso de Oratoria Improvisada no que participarán alumnos e alumnas do IES Río Cabe de Monforte, do IES Martaguisela de O Barco de Valdeorrras.

0.17347407341003