O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez realizou un traballo de investigación no río Sarria

SarriaXa
El alumnadode 1º de Bachillerato del IES Xograr Afonso Gómez de Sarria realizaron un trabajo de investigación en el río Sarria.
alumnos sarria Foto Río1
5 Mar 2022

O alumnado do IES Xograr Afonso Gómez realizou durante esta semana un traballo de investigación sobre a contaminación por microplásticos no río Sarria.

Foron os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, coa súa profesora de Física e Química, os que realizaron unha toma de mostras do río Sarria en distintas zonas. Esta actividade enmarcada dentro do Club de Ciencia e dentro da participación na plataforma Generación Eco, contou coa colaboración de Aulas Libera (un programa de educación ambiental). Unha monitora ambiental guiou o proceso de filtrado, etiquetaxe, etc das mostras tomadas. A análise realizarase por dúas vías, unha no propio instituto e outra compartirase cun equipo de científiccos "Hombre y territorio" e deste modo obteranse datos sobre a contaminación na nosa vila.

Os resultados obtidos serán enviados ao Concello de Sarria.

Este tipo de actividades enmárcanse nun programa de iniciativas que fomentan a concienciación e as boas prácticas co medio ambiente.

0.17193293571472