O alumnado do IES Xograr de Sarria actuará polo Día das Letras Galegas co alumnado da Asociación Meigas e Trasgos
SarriaXa
O alumnado do IES Xograr de Sarria actuarán polo Día das Letras Galegas co alumnado da Asociación Meigas e Trasgos
13 Maio 2023
O alumnado do IES Xograr de Sarria está a preparar unha actuación para a semana das Letras Galegas coa colaboración de distintas asociacións de baile tradicional de Sarria.
Así, a profesora de baile tradicional, Ruth Pérez Rodríguez, da asociación Peleiriños, estivo estes días nas clases de Educación Física e engaiolou ao alumnado co baile tradicional e coa pandeireta.
O xoves 18 de maio, no descanso, o alumnado participante, xunto con alumnado da Asociación Meigas e Trasgos, actuarán coa "Muiñeira de Emilio do Vilarón" gravada por Airiños da Febra.
Pola súa parte, o venres 19 de maio, a agrupación Clarisaxos, na que participan varios alumnos do centro, interpretará un repertorio de música galega poñendo o broche de ouro á semana.