O alumnado do IES Xograr de Sarria está a realizar unha actividade de concienciación

SarriaXa
A través duns carteis, os estudantes están a fomentar a concienciación sobre o uso das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida
concienciación-mobilidade-Sarria-IES-Xograr
19 sep 2024

Alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Xograr Afonso Gómez están a levar a cabo unha actividade de concienciación sobre o uso das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida en Sarria.

A actividade consiste en colocar ao carón desas prazas un cartel co lema 'Ponte no meu lugar. Non o ocupes', acompañado de escusas ás que recorren habitualmente as persoas que as usan dun xeito indebido: “Volvo agora mesmo”, “Son só cinco minutos”, “Fun rápido a un recado”…

Os carteis están a ser colocados sobre produtos de apoio para persoas con discapacidade, tales como cadeiras de rodas, andadores e ortopedias.

Esta actividade está organizada en colaboración con DIVERSA, Plataforma da Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria, e forma parte das accións que leva a cabo o IES Xograr Afonso Gómez pola Semana Europea da Mobilidade (SEM).

0.19884300231934