O alumnado do IES Xograr de Sarria experimentou unha ximcana de habilidade sobre a bicicleta

SarriaXa
Desde o centro educativo agradecen ao club local DHG Team e aos seus monitores David Gómez Somoza, Iván de la Vega e José Fernández González, por colaborar con esta iniciativa
probas-bici-IES-Xograr-Sarria
20 sep 2024

O alumnado da ESO e de BAC do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria experimentou unha ximcana de habilidade sobre a bicicleta con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

Desde o centro educativo agradecen ao club local DHG Team e aos seus monitores David Gómez Somoza, Iván de la Vega e José Fernández González, por colaborar con esta iniciativa, na que o alumnado mellorou as súas habilidades e achegouse ao coñecemento de varias sinais de tráfico.

Tamén agradeceron ao técnico da Federación Galega de Ciclismo Jacobo Ucha, quen aportou nocións teóricas sobre seguridade sobre a mecánica da bici e as distintas modalidades que presenta o ciclismo.

Por outra banda, Félix González, representante da asociación AESLEME (Asociación pola prevención de accidentes de tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes), nunha charla moi interesante, explicou a súa experiencia vital ao alumnado de 3º e 4º da ESO.

0.087584972381592