O alumnado do IES Xograr de Sarria participará na final intercentros do concurso de oratoria improvisada
SarriaXa
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria prepara a final intercentros do concurso de oratoria improvisada “a tres" que celebrará en abril xunto co IES Río Cabe de Monforte de Lemos e o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras.
24 Jan 2024

Así, o Xograr elixiu aos seus finalistas e representantes por niveis, que se corresponden con Mauro Díaz, Xoel Chaos e Sofía López, de 1ºe 2º de BAC; Marx López, Anxo Sobrado e Icía Veiga, de 3º e 4º da ESO; e Xulia Pombo, Lois López e Helena González, de 1º e 2º da ESO.
Nun curso moi activo en prol da dinamización da lingua galega, o alumnado tamén participará no proxecto ‘Aqui tamén se fala’ e noutras iniciativas de innovación educativa.