O alumnado do Incio participou da presentación do libro 'Pedro, o piloto de gaivotas'

SarriaXa
Os nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset do Incio desfrutaron dunha actividade organizada pola Furgoteca que se achegou durante a mañá deste xoves ata o municipio.
Pedro piloto de gaivotas O Incio
Pedro piloto de gaivotas O Incio
23 Feb 2024

Os nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset do Incio desfrutaron dunha actividade organizada pola Furgoteca que se achegou durante a mañá deste xoves ata o municipio.

Así, ademais de poder dispoñer de libros na capitalidade do Incio, tamén houbo unha actividade especial para o alumnado, na que se presentou o libro Pedro, o piloto de Gaivotas.

Tanto o autor, Manuel, como a ilustradora da obra, Aida, deron a coñecer o libro, que está protagonizado por un neno con discapacidade, co fin de facerlles entender o concepto de diversidade e inclusión.

Ademais, trala presentación, puideron desfrutar dun obradoiro e xogos no que desfrutaron dun momento lúdico e divertido con todos os seus compañeiros e compañeiras.

0.16928696632385