O alumnado do Obradoiro dual de Emprego 'Os Soutos' tivo unha xornada práctica en Samos

As persoas participantes no Obradoiro dual de Emprego 'Os Soutos' seguen avanzando na súa formación profesional.
Esta semana, o alumnado tivo ocasión de participar nunha xornada práctica en Samos, onde asistiron a un mostrario e demostración de maquinaria especializada en xardinaría.
A actividade reuniu a participantes dos tres concellos que integran este obradoiro: Samos, Láncara e Paradela. Durante a xornada, as persoas asistentes puideron coñecer de primeira man o funcionamento e utilidade de diferentes ferramentas e equipos, fundamentais para o desempeño profesional no ámbito da xardinaría.
Esta acción formativa complementa o plan de estudos do obradoiro, ofrecendo unha aprendizaxe práctica e actualizada que contribúe á mellora da empregabilidade do alumnado.