O alumno Izan da AC Taekwondo Sarria conseguiu a súa primeira medalla

SarriaXa
Ademais, Mateo Fernández, tamén da escola, competiu en júnior masculino de poomsae, logrando o primeiro posto da categoría
Medalla-Izan-AC-Taekwondo-Sarria
4 Nov 2024

A AC Taekwondo de Sarria vén de participar esta fin de semana no Open internacional de Pontevedra, o segundo 'rankeable' da tempada, na que participaron Mateo Fernández e Izan Rigueiro.

Mateo competiu en júnior masculino de poomsae, logrando o primeiro posto da categoría, unha medalla "que viñamos buscando desde hai tempo e traballando moito para poder lograla", explica o adestrador, Álex Losada.

Izan Rigueiro, pola súa parte logrou a medalla de bronce, sendo esta a súa primeira experiencia en modalidade de combate, e tamén para o club, xa que tanto Izan como o club se estreaban nesta modalidade.

"Cousas que mejorar, erros que corrixir… pero moi ilusionados con esta primeira medalla que nos motiva a seguir mellorando", sostivo Losada.

Ademais, o propio adestrador tamén conseguiu dúas medallas de ouro neste Open Internacional de Pontevedra, en sénior 1 masculino e en trío 1 masculino cos seus compañeiros do Club Neka de Monforte, Marco y Carlos.

0.19091105461121