O arranxo da rúa Diego Pazos, de Sarria, debátese este martes no Parlamento

SarriaXa
Os populares presentaron unha enmenda para instar á Xunta a requirir ao Concello a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial
rúa diego pazos sarria
16 Feb 2021

O Partido Popular defende hoxe no Parlamento esixir ao Concello de Sarria o arranxo integral da rúa Diego Pazos.

A través dunha enmenda, o grupo popular instará ao Goberno autonómico a requirirlle ao Concello de Sarria a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos, segundo o proxecto técnico inicialmente presentado e que conta coa pertinente autorización da Xunta de Galicia. Ese proxecto recolle unha actuación integral na rúa, coa construción de beirarrúas, aparcadoiros e zonas de circulación, así como servizos como alumeado e mobiliario urbano.

O partido, por iniciativa do deputado José Manuel Balseiro, presentou unha enmenda á proposición non de lei do PSOE, que se debaterá este martes na Comisión segunda de ordenación territorial, obras públicas, medio ambiente e servizos, e na que demandan á Xunta o arranxo urxente da rúa de titularidade autonómica. Os socialistas instan a que, se o Goberno galego non asume a actuación, autorice ao Concello a facelo.

0.16641283035278