O baloncesto e o fútbol, protagonistas desta fin de semana en Sarria

O municipio de Sarria desfrutará hoxe e maña de varios encontros deportivos tanto en baloncesto coma en fútbol por parte dos seus tan consolidados equipos, CB Sarria e SD Sarriana.
O CB Sarria, baixo a presidencia de Mª Jesús Arias, disputará entre hoxe e maña varios partidos por toda a xeografía galega.
Estes darán comezo hoxe no pavillón municipal de A Gándara, en Narón, ás 12.00 horas cun partido da Segunda División Junior Masculina entre o Baloncesto Narón Naranja e o MGR CB Sarria.
Ás 12.00 horas no pavillón Xunqueira 1 de Pontevedra, comezará o torneo en memoria de Paco Fernández Valdés no que participarán o Culleredo e o Casa Barbadelo CB Sarria
No pavillón do Novo Chanro, en Sarria, terá lugar tamén hoxe sábado ás 18.00 horas un partido da Segunda División Senior Feminina entre o Floristería Madeira CB Sarria e o CB Terra Cha.
E posteriormente, ás 20.00 horas xogarán en Sarria os integrantes da Segunda División Senior Masculina. Os equipos MGR CB Sarria, Grupo Pelé Terra Cha Cid Lugo.
Para maña domingo 16, será a quenda no Pavillón Navia-Vigo ás 17.30 horas da Primeira División Junior Feminina que disputará un partido entre o Miralba Celta e o Castro Agrasar CB Sarria.
No que ao mundo do fútbol se refire, a SD Sarriana deberá poñer todo da súa parte para resultar vencedora do partido que xogará hoxe sábado 15 na Ribela ás 18.30 horas, contra o SD Fisterra.
O propio adestrador da Sarriana, Edu Rodríguez, recoñece que “é complicado igualar os resultados da tempada pasada. Creo que mellor non se pode facer cando non perdes ningún partido en toda a competición. Iso fala moi ben do equipo xogando é sen dúbida é algo que perseguiremos tamén para esta nova tempada”, afirma Rodríguez.
Tendo en conta os resultados acumulados polo equipo, cun total de 5 vitorias (contra os equipos UD Paiosaco, CD Unión, SD Sofan, SDC Ordenes e Ribadeo FC) e un empate (contra o Portomarín), os resultados parecen alentadores.
